Preguntas Frecuentes (FAQ)

1. Que é Alalá S.Coop.Galega?

Alalá é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que ofrece solucións profesionais en clave de igualdade e sostenibilidade, dirixidas a comunidades educativas, entidades sociais e organizacións sen ánimo de lucro, así como á administración pública

A transformación ecosocial refírese á integración do coidado do medio ambiente e a xustiza social. Buscamos solucións que protexan o planeta e melloren a vida das persoas, promovendo igualdade e sostenibilidade en todas as nosas accións e proxectos

Ofrecemos charlas-taller, proxectos e programas de obradoiros para ANPAS, familias, equipos docentes e alumnado, centrados en temas como a cultura dos bos tratos, prevención de violencias machistas, residuo cero e visión ecosocial

Se formas parte dunha asociación, ONG ou iniciativa social, podes colaborar connosco a través de formacións personalizadas, obradoiros e proxectos de arteterapia e ecofeminismo, sempre adaptados ás túas necesidades e obxectivos.

Son iniciativas que transforman os espazos de xogo e convivencia escolar para promover a igualdade de xénero, a diversidade e a sostenibilidade ambiental, creando contornas máis inclusivas e respectuosas.

Traballamos en colaboración con outras entidades e organizacións que comparten a nosa visión de transformación ecosocial. Xuntas, levamos a cabo proxectos que teñen un impacto positivo tanto nas persoas como no medio ambiente.

Podes contactar connosco a través do noso formulario de contacto na web ou enviándonos un correo electrónico. Estaremos encantadas de escoitar as túas ideas e propostas para colaborar.