Preguntas Frecuentes
(FAQ)
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
1. Que é Alalá S.Coop.Galega?
Alalá é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que ofrece solucións profesionais en clave de igualdade e sostenibilidade, dirixidas a comunidades educativas, entidades sociais e organizacións sen ánimo de lucro, así como á administración pública
2. A que vos referides con "transformación ecosocial"?
A transformación ecosocial refírese á integración do coidado do medio ambiente e a xustiza social. Buscamos solucións que protexan o planeta e melloren a vida das persoas, promovendo igualdade e sostenibilidade en todas as nosas accións e proxectos
3. Que servizos ofrecédes ás comunidades educativas?
Ofrecemos charlas-taller, proxectos e programas de obradoiros para ANPAS, familias, equipos docentes e alumnado, centrados en temas como a cultura dos bos tratos, prevención de violencias machistas, residuo cero e visión ecosocial
4. Como poden as entidades sociais colaborar con vós?
Se formas parte dunha asociación, ONG ou iniciativa social, podes colaborar connosco a través de formacións personalizadas, obradoiros e proxectos de arteterapia e ecofeminismo, sempre adaptados ás túas necesidades e obxectivos.
5. Que son os proxecto "Patios Coeducativos" ou "EcoPatios"?
Son iniciativas que transforman os espazos de xogo e convivencia escolar para promover a igualdade de xénero, a diversidade e a sostenibilidade ambiental, creando contornas máis inclusivas e respectuosas.
6. Que tipo de proxectos en rede desenvolvedes?
Traballamos en colaboración con outras entidades e organizacións que comparten a nosa visión de transformación ecosocial. Xuntas, levamos a cabo proxectos que teñen un impacto positivo tanto nas persoas como no medio ambiente.
7. Como podo poñerme en contacto convosco?
Podes contactar connosco a través do noso formulario de contacto na web ou enviándonos un correo electrónico. Estaremos encantadas de escoitar as túas ideas e propostas para colaborar.