Comunidades Educativas

Traballamos con vocación e profesionalidade para ofrecer solucións nos centros de ensino.
Traballamos con e para o profesorado. Traballamos coas familias e co alumnado.

Dirección e Profesorado

Especializámonos en acompañar ao profesorado na programación de Situacións de Aprendizaxe no marco da LOMLOE, vinculadas á Visión Ecosocial ou proxectos de centro.

Deste xeito se alinean os contidos do currículo cos contidos do proxecto de centro, axudando a que a transformación sexa moito máis profunda e perdure no tempo.

Formacións dispoñibles:

  • Programar Situacións de Aprendizaxe con visión ecosocial (ou adaptadas a un proxecto de centro).
  • Proxectos para integrar a visión ecosocial a nivel centro: Patios coeducativos ou Ecopatios.
  • Proxectos para mellorar a convivencia escolar.

Alumnado, AFAs/ANPAs e familias

Tratamos diferentes temáticas relacionadas á cultura dos bos tratos, a prevención de todo tipo de violencias, inclusión e diversidade, mellora da convivencia escolar, Igualdade de xénero, xogo libre na natureza e sensibilización e acción ambiental.

Formatos dispoñibles:

  • Charlas-taller.
  • Xornadas de convivencia familiar e campamentos de conciliación.
  • Proxectos de centro.

Tes algunha dúbida?

Responderemos ás dúbidas máis comúns que poden xurdir sobre os nosos servizos, misión e procesos. Se tes preguntas adicionais ou necesitas máis información, non dubides en contactar connosco. ¡Estamos aquí para axudarche!

Estamos para axudarte

Se queres saber máis sobre o noso traballo ou estás interesada/o en colaborar connosco, non dubides en contactarnos. Estamos aquí para escoitarte e explorar xuntas novas maneiras de transformar o mundo coas persoas e o planeta no centro.