Quen somos

Somos Julieta e Cande, socias fundadoras de Alalá. Somos educadoras sociais, especializadas en Educación Ecosocial, Arteterapia, Igualdade e Mediación Comunitaria

Julieta

Son educadora social e arteterapeuta especializada na visión ecosocial. Teño formacións en educación ambiental e agroecoloxía. Desfruto dos traballos en equipo que impulsan cambios necesarios para a terra e as persoas. Síntome moi reflexada nos valores do cooperativismo e da Economía Social e Solidaria.

Creo profundamente nas redes de traballo amables e creativas no seus procesos, en prol da cultura da paz, da ética dos coidados, da soberanía alimentaria, da reconexión coa natureza e entre as propias persoas.

Son fundadora e socia traballadora de ALALÁ S. COOP. GALEGA, que desde xuño de 2022 é o meu proxecto vital.

Cande

Son educadora social especializada en xénero e mediación comunitaria. Teño formacións específicas en ecofeminismo, intelixencia emocional e na visión ecosocial, que me permiten achegar unha perspectiva crítica e transformadora ao meu traballo.

Penso que a Economía Social e Solidaria, así como a economía feminista, son ferramentas imprescindibles para acadar un mundo máis xusto e equitativo, por iso somos coop.

A miña paixón pola teoría feminista e a natureza guía os proxectos nos que participo, sempre en busca de reconectar as persoas entre si e co medio que nos rodea. 

Desde xuño de 2022, son socia traballadora e cofundadora de ALALÁ S. COOP. GALEGA, un proxecto vital que reflicte os meus valores persoais.

Tes algunha dúbida?

Responderemos ás dúbidas máis comúns que poden xurdir sobre os nosos servizos, misión e procesos. Se tes preguntas adicionais ou necesitas máis información, non dubides en contactar connosco. ¡Estamos aquí para axudarche!

Estamos para axudarte

Se queres saber máis sobre o noso traballo ou estás interesada/o en colaborar connosco, non dubides en contactarnos. Estamos aquí para escoitarte e explorar xuntas novas maneiras de transformar o mundo coas persoas e o planeta no centro.