{"id":2086,"date":"2024-10-05T16:07:15","date_gmt":"2024-10-05T14:07:15","guid":{"rendered":"https:\/\/alalacoop.gal\/que-e-o-ecofeminismo\/"},"modified":"2024-10-05T16:07:15","modified_gmt":"2024-10-05T14:07:15","slug":"que-e-o-ecofeminismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/que-e-o-ecofeminismo\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 o ecofeminismo?"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hoxe en d\u00eda, o feminismo e o ecoloxismo son d\u00faas lentes que nos permiten ver a realidade doutro xeito. Estas correntes non s\u00f3 cuestionan pr\u00e1cticas e valores tradicionais, sen\u00f3n que tam\u00e9n revalorizan aspectos que foron hist\u00f3ricamente considerados como inferiores. Ao combinar o potencial conceptual e pol\u00edtico de ambos movementos, podemos profundizar m\u00e1is nos problemas que afrontamos como sociedade e buscar soluci\u00f3ns m\u00e1is xustas, democr\u00e1ticas e sostibles.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O ecofeminismo, unha corrente que xorde da intersecci\u00f3n entre o feminismo e o ecoloxismo, prop\u00f3n unha nova forma de entender o mundo. As mulleres, ao longo da historia, foron colocadas nun lugar de subordinaci\u00f3n, tanto respecto dos homes como da natureza, e esta visi\u00f3n permeou nas formas de explotaci\u00f3n ambiental e nas relaci\u00f3ns de poder.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As mulleres son as m\u00e1is prexudicadas polas crises ambientais e as cat\u00e1strofes naturais. As\u00ed se reco\u00f1eceu na Conferencia de Naci\u00f3ns Unidas sobre a Muller no ano 2000. Non obstante, a\u00ednda que as mulleres est\u00e1n en primeira li\u00f1a dos movementos ecoloxistas, seguen a reproducirse as desigualdades de x\u00e9nero, con homes na c\u00faspide da toma de decisi\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 fundamental que as mulleres esixamos pol\u00edticas medioambientais que nos te\u00f1an en conta, non s\u00f3 como v\u00edtimas, sen\u00f3n como suxeitos activos no coidado do medio ambiente e na construci\u00f3n dunha nova cultura de respecto cara \u00e1 natureza. O ecofeminismo cr\u00edtico, como sinala Alicia Puleo, advirte que as mulleres non somos as \u00fanicas responsables do cambio, pero a nosa perspectiva feminista ten moito que aportar a unha cultura ecol\u00f3xica de igualdade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O ecofeminismo tam\u00e9n critica o sistema econ\u00f3mico capitalista e patriarcal, que ignora o traballo invis\u00edbel e non remunerado das mulleres, especialmente no \u00e1mbito dom\u00e9stico. Este traballo, que incl\u00fae o coidado das persoas, a xesti\u00f3n dos fogares e o mantemento dos espazos comunitarios, \u00e9 esencial para o sostemento da vida e o benestar social, pero segue sen ser valorado pola econom\u00eda convencional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O traballo invisible que realizan as mulleres, tanto no fogar como nas s\u00faas comunidades, \u00e9 o verdadeiro motor que sost\u00e9n a vida, pero \u00e9 ignorado pola econom\u00eda capitalista. Para que haxa un cambio real, \u00e9 necesario reco\u00f1ecer o valor deste traballo e integrar as experiencias e co\u00f1ecementos das mulleres nunha nova forma de entender a econom\u00eda e a sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ecofeministas como Ariel Salleh ou Mary Mellor destacan que a explotaci\u00f3n das mulleres, da natureza e das persoas m\u00e1is vulnerables son parte dun mesmo sistema de dominaci\u00f3n. A sociedade de consumo e o modelo econ\u00f3mico actual, que se basea na explotaci\u00f3n de recursos naturais e humanos sen l\u00edmites, non ten en conta os ciclos naturais nin as verdadeiras necesidades das persoas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Transformar o modelo actual de desenvolvemento implica cambiar a relaci\u00f3n que temos coa natureza e coas persoas. Non podemos seguir vendo a natureza como un simple recurso para ser explotado. \u00c9 fundamental reco\u00f1ecer que todos, tanto homes como mulleres, temos unha conexi\u00f3n dual coa cultura e coa natureza. A natureza non \u00e9 s\u00f3 un escenario onde actuamos ao noso antollo. Ten unha riqueza filos\u00f3fica, emocional e hist\u00f3rica que debemos respectar e coidar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende ALAL\u00c1, impulsamos o ecofeminismo non s\u00f3 nas nosas acci\u00f3ns profesionais, sen\u00f3n tam\u00e9n como un valor intr\u00ednseco na nosa vida persoal. Cremos nunha sociedade m\u00e1is xusta, onde a igualdade de x\u00e9nero e o respecto polo medio ambiente sexan eixes centrais para o benestar com\u00fan. Cada pequeno xesto conta, e por iso apostamos por unha transformaci\u00f3n real e colectiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E ti, como crees que podes contribu\u00edr a unha sociedade m\u00e1is xusta e sostible desde as t\u00faas acci\u00f3ns?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe en d\u00eda, o feminismo e o ecoloxismo son d\u00faas lentes que nos permiten ver a realidade doutro xeito. Estas correntes non s\u00f3 cuestionan pr\u00e1cticas e valores tradicionais, sen\u00f3n que tam\u00e9n revalorizan aspectos que foron hist\u00f3ricamente considerados como inferiores.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1379,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[31],"tags":[],"class_list":["post-2086","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2086","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2086"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2086\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1379"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2086"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2086"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/alalacoop.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2086"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}